|
Máis que un
cliente
fuches un veciño
máis que un veciño
fuches un amigo...
vai pois esta poesía
e esta miña lembranza, para contigo.
Por iso querido Xosé
Manuel
todos recordarémosche con agarimo
como o pescador aquel
que ao salmón e ao reo esperaba con mimo.
Con aquela paciencia e tranquilidade
con aquel saber estar
pero con aquela ansiedade
dunha tempada máis poder pescar.
Recordo as túas queixas
como as de todos nós cara á autoridade
a mesma que aos ríos
ponlles reixas
quitando aos peixes a súa mobilidade.
Lembro as revistas de caza e pesca que che regalaba
e como co teu sorriso as grazas por iso transmitías
e algunha que xa tiña esquecida que tamén buscaba
como tan contento con ela do comercio saías.
Xosé, Sonia, e Marita
xa sei que Xosé Manuel non volverá
e que non teremos máis a súa visita
pero o seu recordo, ese... nunca ninguén nolo quitará.
Senén Campos Maceiras – A Estrada, 5 de marzo do 2.008
|