|
Foron 46 os pescadores que se deron cita
no encoro de Portodemouros para participar no II Maratón de Pesca por
Parellas organizado por Deportes Remanso de O Pino.
Nunha xornada marcada polas altas temperaturas, os participantes,
organizados por parellas, competiron capturando tanto escalos como
troitas. En total obtivéronse 35 quilos de escalos e 5 de troitas. En
escalos, a parella gañadora foi “Os de Quión” formada por Iván Tojo e
Esteban Tojo. En
segundo lugar clasificáronse “Arrasadores da escama”, Antonio Regueiro e
Juan M. Sánchez, e en terceiro lugar “O Peixe”, Alfonso Garrido e J.
Manuel Ramos.
En canto á modalidade de troita, o primeiro premio recollérono “Ranqueiro”,
Manuel Costa e J. Manuel Rey. En segundo lugar situouse a parella “Dream
Team”, formada por Antonio Suárez Iglesias e Luis Cea e en terceiro
lugar “Os de Quión”, Iván Tojo e Esteban Tojo. Todos eles obtiveron o
seu correspondente trofeo así como diferente material de pesca.
Segundo Ramón Carril, organizador do Maratón, “a valoración é sumamente
positiva, posto que era a segunda vez que se organizaba unha iniciativa
destas características que foi moi ben acollida polos pescadores. Estou
moi agradecido a todos pola súa participación e o bo ambiente e o
compañerismo que se crea durante a competición. Espero repetir este
evento máis veces no ano e incluso crear unha liga de pesca, algo no que
xa estou a cavilar”. Así mesmo, o
responsable de Remanso aproveita para agradecer a todos os
patrocinadores a súa colaboración. |