Ante o cariz que está tomando a pesca deportiva do salmón na conca do río Ulla e para que non se repita a lamentable situación vivida na década dos noventa na que o salmón desapareceu neste curso galego, o 8 de xuño de 2005, a petición da Directiva da Sociedade de Pescadores Río Ulla da Estrada, un grupo representativo do colectivo de pescadores mantiña unha "Mesa de Traballo" no Mesón de Couso en Pontevea co Director Xeral de Conservación da Natureza e outros responsables da Consellería de Medio Ambiente.
As reivindicacións realizadas polos pescadores á administración son estas:

 

A NIVEL XERAL

 

- Ampliación do número de permisos para libre expedición. Os 474 permisos dispoñibles para toda a temporada son insuficientes para as máis de 500 solicitudes que optan ó sorteo. De feito desde hai anos, os permisos xa non chegan ás casas expedidoras por térense esgotado previamente no sorteo da Delegación Provincial de Pontevedra. A proposta é ben crara: ou se amplía o número de permisos ou se abren novos coutos.

 

- A apertura da temporada debe anticiparse a primeiros de abril como se facía ainda non hai moito tempo ou mesmo a marzo como está estipulado no Eo. Os primeiros salmóns do Ulla son abrileiros polo que en maio, cando se levanta a veda, moitos deles xa están río arriba ó alcance dos furtivos. O número de salmóns capturados no Ulla nos últimos anos demostran que se lexislou en contra dos intereses dos pescadores. Todos estamos interesados en que haxa salmón no río pero lamentablemente véñense tomando medidas que só favorecen os furtivos e que van en detrimento dos pescadores.

 

- O coutos do Ulla deben reorganizarse por lotes como se fai noutros cursos e noutras comunidades das que deberíamos de aprender.

 

- Debe recuperarse o Couto de Ponteledesma pechado hai anos e abrir un novo tramo (couto ou libre) desde Herbón. Aportóuse abondosa documentación oficial ó efecto.

 

- Que se abra un tramo libre. É un contrasentido que un pescador expida e pague a súa licencia e que quede sen poder pescar por tocarlle un mal número no sorteo. Se a administración oferta licencias de salmón terá que ofertar tamén tramo onde poder exerce-lo dereito que paga-la licencia lle confire ó pescador.

 

- Debe estudiarse a comercialización do Campano. Que se venda un único salmón non vai en detrimento da pesca, mais ben axudaría a dinamiza-lo sector como fai Asturias.

 

- Debe sinalizarse a conca fluvial do Ulla, con sináis acústicos e luminosos, tal como recolle a Lei de Pesca de Galicia; obriga que foi refrendada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nunha sentencia de 2003 referente ós falecidos afogados no Mandeo .

 

- Estudio e analítica da calidade das augas. Control de verquidos e puríns.

 

- Vixianza permanente nas zonas de freza.

 

- Profesionalización da Gardería. A xuicio da maioría dos pescadores, obsérvanse notables diferencias cos homólogos asturianos. Debemos avanzar na formación dos axentes.

 

- Extrema preocupación pola depuradora de Teo que se vai construir 500 metros arriba de Couso.

- Moitos dos puntos anteriores xustífícanse totalmente coa política de cupos aplicada desde o ano 2000. Se unha vez acadado o cupo que se estableza anualmente queda pechada a temporada, tanto da que se capturen en abril ou maio.

 

- Participación do colectivo no Comité Provincial e no Comité Galego de Pesca.

 

- Activación lúdico-turística da pesca do salmón no Ulla. Axudas a empresas con iniciativas neste eido e dinamización do sector. A realidade é que nos coutos non hai onde tomar un refresco. Cómpre realizar un estudio de explotación e aproveitamento turístico da actividade na comarca.

 

- Solución á triste realidade deste ano no que prácticamente non houbo ningún día no que estiveran os coutos co total de canas autorizadas, incluso houbo días sin canas nalgún couto. Á inversa, nos últimos anos houbo moitos días de 8 e 9 canas en Couso cando son 6 as permitidas.

 

- Debe ampliarse o horario legal para a pesca do reo. A Lei de Pesca de Galicia debe ser reformada xa que o horario actual apenas faculta 15 minutos para pescar con risco, atávico señuelo en trance de desaparición.

 

COUTO DE COUSO

 

- Os pescadores reclaman a urxente reforma do entorno da escala salmoneira. A escala cumpre perfectamente coa función para a que foi construida pero non se entende nin ten xustificación a “autopista” de peixes que se habilitou a carón da escala. Este "demoledor pasillo" para os intereses deportivos debe ser levantado e igualado á altura do resto da presa. As capturas de 2005 en Couso -1 só exemplar dos 21 pescados no Ulla- demostran que a escala foi instalada só para perxudicar ós pescadores co pretexto de favorecer ó salmón.

Na mesma liña solicítase un capturadero e un contador de peixes como teñen outras escalas que son modélicas.

 

- As taboas das comportas da presa deben estar totalmente pechadas, senon non ten lóxica a construcción da escala salmoneira.

 

- Asimesmo a instalación das comportas e a limpeza dos brizos e maleza debe acometerse antes do inicio da temporada de pesca e non a metade de temporada como se fixo en anos anteriores provocando discriminacións entre os pescadores.

 

COUTO DE SINDE

 

- A Presa de Sinde foi sometida a unha reconstrucción hai moitos anos. Anos atrás, foi voada con dinamita no extremo superior co pretexto de favorece-lo remonte dos salmónidos. Hai dous ano foi restaurada parcialmente cun terraplén oblícuo a xeito de rampa. Estas medidas -política de parcheo- amosan falla de criterio e non supuxeron excesiva mellora no exercicio da pesca.

 

- A estética deste couto é penosa. A maleza impide a actividade de pesca e o abandono das márxenes representa un evidente perigo para a integridade física dos pescadores.

 

- A pista de acceso ás posturas son todo un desafío e unha proba física para os pescadores.

 

- Ademais é necesario habilitar un posto de guiado de reo e salmón ó igual que nos outros dous coutos pois capturar un reo ás 10 da noite significa chegar a Couso unha hora despois -logo de subir, cambiarse e trasladarse- cando a gardería xa maochou correndo o risco de sermos denunciados por furtivos.

 

- Rehabilitación do "banco do carballo" destruido polas riadas de 2000.


COUTO DE XIMONDE

 

- Hai que limpar, reconstruir e adecuar as posturas de pesca. Ó igual que Sinde, Ximonde presenta evidentes perigos para a integridade dos pescadores.

 

- Debe facultarse para a pesca a postura do “Cuartel General” desprazando o tramo vedado só cinco metros augas arriba.

 

- Habilitar o tramo vedado na presa para a pesca sen morte.

 

- A Pista principal de acceso polo Concello de A Estrada precisa ser arranxada chegando a un acordo co propietario. O outro acceso ó couto por Pontevedra, na caída do Liñares, leva un ano cortado.

 

- Reconstrucción da pasarela que destrozou a riada de 2000.
 

- Reconstrucción dunha ponte de madeira no Río Liñares.

volver a especiales indice