|
Nunha convocatoria anterior sondeei a
dispoñibilidade das sociedades para reunirnos de novo para continuar a
liña de traballo iniciada en febreiro deste ano na reunión que
mantivemos en Tor.
Ao longo da mesma o conxunto de sociedades alí presentes falamos sobre o
desastre en que se están a convertir os nosos ríos dende o punto de
vista da calidade ambiental. E todos os presentes estivemos de acordo en
tomar un período de reflexión para asimilar o que alí se falou,
comunicarlle-lo ás nosas sociedades e a outras, e posteriormente
xuntarnos de novo para determinar os compromisos institucionáis que
íamos tomar para comenzar unha loita sen treguas na defensa da calidade
das nosas augas fluviais.
Quedamos en reunirnos a posteriori para desenvolver o que alí se
falou.
Para retomar os traballos iniciados e unha vez escoitada a
dispoñibilidade de todas as sociedades e conseguido un local para a
reunión, comunícovos que terá lugar este venres, 10 de otubro de
2008, ás 17:30 horas.
O lugar será o Gran Hotel de Santiago (en Santiago de Compostela),
sito na rúa Mestre Mateo (fronte ao Complexo hospitalario).
A orde do día proposta (aberta) terá os seguintes puntos:
1.- A calidade das augas fluvias galegas debe ser un obxectivo
irrenunciable para as sociedades de pesca.
2.- Deberemos constituirnos coma un grupo de presión para que este
obxectivo se cumpla.
3.- Constituirase por parte das sociedades un fondo de resistencia
económico para que as sociedades que estean en procesos xudiciáis en
contra de empresas ou organismos que atentan contra a calidade fluvial
non queden sen recursos
4.- Para dar cobertura a todos estes fins constituirase unha agrupación
de sociedades de pesca (ou a denominación que se considerare oportuna),
con entidade xurídica con sede social no Pazo de Tor, ubicación suxerida
polo Sr. García-Bobadilla, Director-Xerente da Fundación Centro Superior
Cinexético e Piscícola de Galicia.
Agardando a vosa asistencia, pola trascendencia desta reunión, recibide
unha forte aperta.
Eloi Saavedra Vidal
Presidente da Sociedade de Caza e Pesca Xuvia |