A Xunta colabora con organismos internacionais para o estudo da migración do salmón ao mar no proxecto Salmon Track

O proxecto internacional estuda os movementos mariños do salmón co fin de aportar información sobre a migración da especie no mar
A dirección xeral de Conservación da Natureza encargase do marcado de salmóns dende a piscifactoría de Carballedo (Cotobade, Pontevedra)
Para o marcado dos salmóns utilízanse sinais do tipo PSAT (Pop-up Satellite Archival Tags) que cuantifican a temperatura, profundidade e a posición xeográfica dos exemplares
Esta colaboración esperase seguir en anos vindeiros cun estudo da supervivencia

Santiago, 30 de marzo de 2013.- A Xunta de Galicia colabora con organismos internacionais para estudar os movementos mariños do salmón, co fin de aportar información sobre a migración da especie ao mar. Este estudo internacional encontrase dentro do proxecto Salmon Track, e inclúe campañas de marcado do peixe. Iniciado no 2006, participan organismos de Canadá, Reino Unido, Irlanda, Islandia, Noruega e Dinamarca dende onde realizan as campañas de marcado do peixe.
A consellería de Medio Ambiente, a través da dirección xeral da Conservación da Natureza, encargouse do marcado de salmóns nos ríos galegos para o proxecto Salmon Track. A medición do Museo Nacional de Ciencias Naturais do CSIC posibilitou a concesión do permiso para realizar o marcado, cuxo interese radica en que as poboacións galegas son as máis ao sur da área de distribución europea da especie.
As labores foron realizadas na piscifactoría de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) onde a consellería dirixida por Agustín Hernández desenvolve gran parte do programa de conservación da especie no Atlántico. No Centro Ictioxénico de Carballedo se marcaron sete femias de salmón “zancadas” (xa desvoadas), capturadas na estación de Bora no río Lérez, para posteriormente ser soltas no Raxó (Ría de Pontevedra).
O pasado 12 de marzo Kim Aarestrup, investigador pertencente ao National Institute of Aquatic desprazouse ata Galicia para completar o programa de marcado de salmóns. Resources e á Technical University of Dennmark da cidade danesa de Silkeborg.
Marcado do salmón
As sofisticadas marcas utilizadas para o marcado do salmón son as denominadas PSAT (Pop-up Satellite Archival Tags) que se encargan de almacenar, a través do sistema europeo data logger, a información sobre o medio (temperatura y profundidade) e a posición xeográfica cunha frecuencia determinada, a través do sistema europeo.
A transmisión dos datos aos satélites realizase grazas ao sistema denominado “Pop-Up”. Este sistema fai cunha parte da marca sóltese aos 6 meses de ser posta no peixe, permitindo transmitir a información almacenada ao satélite, por medio dunha antena que sae do auga, e obtendo uns meses despois interesantes datos sobre a migración dos salmóns galegos.
A migración do salmón, a diferenza do que ocorre en estudos realizados en aves ou vertebrados terrestres, resulta moi difícil de coñecer mediante marcado con GPS, debido a que a auga, tanto doce como salgada, inhibe a transmisión da posición xeográfica aos satélites.
Esta colaboración cos organismos de investigación en peixes migratorios, esperase seguir en anos vindeiros mediante un estudo da supervivencia dos salmóns esguins (xuvenis que van ao mar tras 1 ó 2 anos de vida fluvial) tanto no río como nas rías.

volver a índice de especiales