TRAMO SEN MORTE NO COUTO DE PADRÓN

Resolución do 19 de outubro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se instrúe expediente para a modificación do couto troiteiro de Padrón, no río Sar.
Con data do 19 de outubro de 2011, o xefe territorial da Coruña acordou instruír expediente para a modificación do couto troiteiro de Padrón no río Sar, coas seguintes características:
Río: Sar.
Concellos: Padrón e Rois.

Tramo I:
Límite superior: presa do muíño de Concheiro (Rois)
Limite inferior: ponte do Carme (Padrón)
Lonxitude total do tramo: 4.200 metros
Categoría: 2ª reo.
Número de permisos: 12 en días laborables e 15 en sábados, domingos e festivos.
Cotas, tamaños e temporada: as establecidas nas ordes anuais de pesca para as augas de reo.

Tramo II:
Límite superior: ponte do Carme (Padrón)
Límite inferior: desembocadura do Sar no río Ulla (Padrón)
Lonxitude total do tramo: 2.400 metros
Categoría: sen morte.
Número de permisos: 10 diarios.
Temporada: a establecida na orde de vedas para a pesca sen morte.

Faise público para xeral coñecemento e sinálase o prazo de quince días contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, para que as entidades e persoas que se consideren afectados poidan informarse nas oficinas desta xefatura territorial (Servizo Provincial de Conservación da Natureza) edificio administrativo Monelos, praza de Luís Seoane, s/n, 5.ª planta, A Coruña, sobre as características da modificación do couto de pesca, e presentar durante o mesmo prazo as alegacións que poidan considerar convenientes ao respecto.

A Coruña, 19 de outubro de 2011.
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña