|
|
|
Axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil da Coruña sorprenderon na madrugada do pasado sábado en Riberas do Sor, en Mañón, a dous homes cando presuntamente se dedicaban á pesca nocturna con traxes de neopreno no río, infrinxindo supostamente a lei de pesca. Na madrugada do sábado, arredor da unha e media, un dispositivo do Seprona detectou un vehículo oculto no monte, xunto a botas de goma e outros apeiros de pesca. Posteriormente, sorprenderon nos arredores e chegaron a identificar a un home, de sobra coñecido no mundo da pesca polos seus antecedentes, que pretendía ocultarse e abandonar o lugar eludindo aos axentes. Logo dun recoñecemento nas inmediacións, localizaron a outra persoa oculta entre a maleza. Este, acompañante do anterior, tiña no seu poder un traxe de pesca submariña completo, dúas gafas de buceo, unha sacadeira e tres focos, entre otros efectos. A Garda Civil procedeu á incautación dos devanditos efectos de pesca e levantou a acta denuncia que foi remitida á Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural. |
|
|