CSIF DENUNCIA UNHA NOVA PRESUNTA CONTRATACIÓN IRREGULAR DE PERSOAL EXTERNO MEDIANTE A MODALIDADE DE SERVIZOS DE CONSULTORÍA NA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE DA XUNTA DE GALICIA

CSI•F denuncia que Verónica Tellado recorreu, presuntamente, a este tipo de contratacións ilícitas e favor de persoas coas ca mantén intima relacións de amizade nuns casos ou sentimental noutro.

CSI•F, fiel ao seu compromiso cos empregados públicos, denuncia o que, presuntamente, podería ser un novo intento de contratación irregular de persoal alleo á Administración recorrendo a contratos de consultaría ou asistencia técnica. Esta vez, de confirmarse, a contratación fraudulenta tería lugar na Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
No momento actual, no que goberno de Galicia está a esixirlle un esforzo extraordinario aos empregados públicos galegos recortándolle en dereitos económicos e laborais, e cando a Administración está a eliminar centos de postos de traballo a fin de cumprir coas “previsións orzamentarias”, consideramos un despropósito e un insulto aos empregados públicos e ao conxunto da cidadanía galega o intento dalgún órgano directivo de utilizar a Administración como o seu “coto privado” no seu particular beneficio.
Este feito, de confirmarse, constituiría igualmente unha traizón e deslealdade ao propio goberno galego, poñendo en entredito o seu compromiso de erradicar da Administración galega este tipo de malas prácticas tan arraigadas e que, cando menos, vulneran a “ética institucional”.
Por tal motivo, dende a CSI•F oficiámoslle con data de 2 de xuño de 2014 o seguinte escrito ao Sr. Secretario Xeral Técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura a fin de que abra un expediente informativo, do que de conta a esta Central Sindical e que adopte, de ser o caso, as medidas correctoras e sancionadoras exemplarizantes contra a persoa responsable desta nova contratación irregular. Noutro caso, a CSI•F verase na obriga de poñer os feitos e coñecemento do Ministerio Fiscal por si tal actuación, de ser certa, puidera ser constitutiva dun ilícito penal.

SR. SECRETARIO XERAL DA CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Asunto: Denuncia sobre presunta utilización fraudulenta de contratos de consultaría, servizos e asistencia técnica na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Na Mesa Xeral de Empregados Públicos celebrada o pasado 30 de maio de 2014, esta Central Sindical solicitou á representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura información sobre a suposta incorporación, en fechas pasadas recentes, dunha traballadora da empresa Tragsatec á Dirección Xeral de Conservación para a realización de tarefas de apoio técnico-administrativo a través dun contrato de asistencia técnica.
Dita solicitude de información trae causa dunha denuncia formulada ante este sindicato por varios traballadores de dita Consellería na que amosan o seu malestar polo feito de que, mentres os empregados públicos seguen a ser obxecto de recortes nos seus dereitos laborais e económicos, por determinados órganos de dirección se está a recorrer a contratos de consultaría, servizos ou asistencias técnicas como sistema de contratación de traballadores para prestar servizos na Administración ao marxe dos principios igualdade, mérito e capacidade.
De ser certos os feitos denunciados, isto supón un suma e segue a este tipo prácticas por parte da actual Directora Xeral de Conservación pois, segundo afirman os citados traballadores, dita Directora Xeral cando ocupaba o cargo de Subdirectora Xeral de Residuos e Solos Contaminados, tamén na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, recorreu, presuntamente, a este tipo de contratacións ilícitas e favor de persoas coas ca mantén intima relacións de amizade nuns casos ou sentimental noutro.
Por todo isto, desde a Central Sindical Independente e de Funcionarios solicitamos formalmente a apertura dun expediente informativo de cuxo resultado se de conta a esta organización.
Consideramos que en todo momento, pero sobre todo, no momento actual, constitúe unha responsabilidade ineludible dos poderes públicos perseguir este tipo de prácticas ilícitas e sancionar de xeito exemplar aqueles Altos Cargos da Administración que coa seu comportamento defraudan aos empregados públicos e a sociedade galega e poñen en entredito o compromiso do goberno galego de poñer fin ás contratacións de persoal para prestar servizo na Administración a través de prácticas fraudulentas.
Por último, dende a CSI•F queremos poñer no seu coñecemento que, transcorrido un prazo prudencial sen que reciba información veraz sobre os feitos denunciados e, de comprobarse a súa veracidade, sen que se adopten ás medidas correctoras e sancionadoras que correspondan, procederá a poñer os feitos en coñecemento do Ministerio Fiscal por si foran constitutivos de ilícito penal.
Do presente escrito dáse traslado á Secretaría Xeral da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para o seu coñecemento.

volver a índice de especiales