|
O CONCELLO DE MELIDE ANUNCIA QUE SE VAI PERSOAR COMO ACUSACIÓN
PARTICULAR POLOS VERQUIDOS DO RÍO CATASOL.
Ante o anuncio feito da postura que tomou o goberno municipal
perante o desastre ecolóxico acontecido no río Catasol a través do
seu 1º Tenente de Alcalde Manuel Prado de persoarse como acusación
particular, a Asociación de Troiteiros considera que se cumpliron as
nosas expectativas (expresadas na proposta de moción que presentamos
ao Concello o 24 de setembro de 2007) quedando satisfeitas co
compromiso feito público polo responsábel de Medio Ambiente o pasado
día 21 de novembro, con motivo da exposición fotográfica da nova
Campaña de defensa do Medio Ambiente sobre o desastre do río Catasol
realizada por esta Asociación no Multiusos de Melide.
Neste compromiso, explicitado polo 1º Tenente de Alcalde, recóllense
as nosas arelas máis importante:
1-Personarse na causa que se instrúe con motivo de tal desastre.
2-Poñer en marcha todas aquelas medidas de información, asesoramento
e control que eviten este tipo de agresións ao Medio Ambiente.
Recoñecemos a postura ética dos responsabeis municipais por terén
tomado esta decisión, xa que somos conscientes de que este tipo de
medidas redundarán na mellora da calidade de vida no Concello de
Melide e tamén mellorarán o concepto que os/as melidenses teñan do
labor político, que debe ter, entre os seus obxectivos prioritarios,
a procura do benestar e a protección dos bens públicos.
Asoc. de Troiteiros "Río Furelos" |