INAUGURADO PAZO DE LUDEIRO, EL NUEVO WALDEMAR

Pazo de Ludeiro
7-11-2015

Intervención de Miguel Piñeiro:

Moi boas noites.
A familia Gayoso Varela cítanos hoxe por un motivo feliz, os amigos xa estamos afeitos a iso, a que te chamen para que a vida sexa máis leda.
Oscar, Mónica e familia poñen en marcha hoxe as magníficas instalacións do Pazo de Ludeiro gozando da entrañable memoria e da experiencia adquirida en Conde de Waldemar.
Sabemos das dificultades do momento pero, coñecendo a esta xente tan singular, non dubidamos en que acadarán os éxitos que todos desexamos.
Está o Pazo de Ludeiro no corazón da terra, no Camino de Santiago, rodeado dunha espectacular riqueza de frora e fauna.
O Pazo de Ludeiro, atesoura de seu, unha senlleira historia pois é unha das primeiras mostras da arte gótica civil do país, estando datada a súa construcción hai mais de cinco séculos.
As sagas das nobres familias dos Ulloa, Montenegro e Ribadeneira ocuparon nalgún momento da súa historia as dependencias deste Pazo.
A pesar deses 550 anos, a aquitectura primixenia apenas sufríu cambios agás aqueles obrigados para o aumento do confort do usuario presente en todos os currunchos da casa que están decorados polo artista soriano Juan de Álvaro y Urtazu.
Como moitos de vós xa poidestes comprobar, a estructura e a configuración non é un castelo como tal pero lembra ás pequenas fortalezas que se estilaban na Baixa Idade Media nas que moraba a nobreza galega.
Os espazos almenados e o robusto muro circundante, xunto cunha paisaxe de ensoño nunha finca de catro hectáreas bañadas polo río Augabela, configuran a Pazo Ludeiro como un lugar idoneo para o descanso, o disfrute de medio natural e o goce gastronómico.
Pazo de Ludeiro é respetuoso co medio ambiente por iso utiliza enerxías alternativas: biomasa, térmica e fotovoltaica que non fai senon aumentar o confort dos ususarios.
Foi nestas terras onde Pardo Bazán ambientou “Os pazos de Ulloa”, e o Pazo de Ludeiro non é unha excepción entre igrexas, cruceiros, casas solariegas, pazos e castros, sendo unha senlleira testemuña do acontecer secular da comarca.
Se falamos do patrimonio cultural e natural, non debemos obviar que A Ulloa limita coa Ribeira Sacra, auténtico paradigma de beleza cos canóns do Sil e o Miño amosando os inxeniosos socalcos que permiten o milagre da viticultura.
E se falamos de Sil e Miño, é de obrigado cumprimento que o faga do Meu Ulla que ten na Ulloa o seu nacente.
Convidámolos, a partir de hoxe, a que deteñan os seus reloxos, a que fagan un exercicio de abstracción, a que obvien os problemas mundanos e se deixen carexar polo encanto de Pazo Ludeiro.
Pérdanse entre os seus muros seculares, nas súas pedras, na súa historia, e saiban saborear os deliciosos manxares que os fogóns desta casa lles teñen preparados.
Benvidos a Pazo Ludeiro.
Boas noites e moitas grazas.

Intervención de Oscar Gayoso:

Moi boas noites.
En nome da familia e no meu propio quero agradecer a presenza de todos vostedes neste día tan especial.
Sabemos das dificultades que entraña a xestión dun lugar como Pazo de Ludeiro pero tendo en conta a beleza paixasística do entorno, o valor do medio natural e a tranquilidade que se respira, estamos convencidos de que paga a pena o esforzo que realizamos.
Os vellos amigos de Waldemar, en Ligonde, xa nos coñecen dende hai anos e saben da nosa profesionalidade no sector.
Para a nos, a gastronomía de Galicia é un factor de máxima importancia por eso, agora en Pazo de Ludeiro seguiremos traballando con producto de primeira calidade.
Seguiremos combinando tradición e vangarda perseguindo a excelencia nos nosos fogóns nos que nunca falta o cariño necesario para contentar aos paladares mais esixentes.
O servizo e atención ao cliente, nesta nova xeira, irá en consonancia á excepcionalidade do lugar. En Pazo de Ludeiro a nosa obsesión é e será o cliente, o seu benestar e a súa satisfacción.
Reitero o agradecemento a todos vostedes e quedamos á súa disposición.
Graciñas e boas noites.

volver a índice de especiales