XVII CONCURSO DE PESCA CIDADE DE NARÓN

Participaron no concurso un total de 23 pescadores dos que había varios alleos á sociedade, resaltando a participación de xente doutros concellos como Arteixo ou Culleredo.

Cobráronse un total de 10 pezas de talla legal, sendo polo tanto unha proba dentro de parámetros normais para este tramo de río, onde a presenza de troitas de medida (21 cm) é case inexistente pola forte tendencia á esmoltificación (conversión en migradoras) dos seus salmónidos. Esta tendencia cada vez é mais marcada e grazas a iso o retorno de reos incrementouse exponencialmente.

A clasificación quedou como segue:

1º.- GUMERSINDO RODRIGUEZ GARCIA

2º.- RAFAEL BELLAS BERMUDEZ

3º.- CARLOS A SANCHEZ MARTINEZ

Peza maior: GUMERSINDO RODRIGUEZ GARCIA

Non foi unha xornada de pesca a destacar, pero acadáronse os obxectivos do concurso, que eran o desenvolvemento dunha xornada de convivencia entre os socios e as súas familias.

É evidente que as condicións meteorolóxicas pasaron o seu recibo, cun vento de nordés, que en certos momentos pasou factura á acción de pesca.

Esperemos que có cambio de escenario (que será o Couto sen morte de San Sadurniño) as capturas sexan maiores para o próximo concurso programado, que será o Concurso Social de Mosca, a celebrar o 12 de xullo próximo, e no que a única modalidade permitida será a mosca e será organizado na modalidade sen morte, con volta rigurosa de tódalas capturas á auga.

Destacar tamén ás boas condicións nas que se atopa o río para o exercicio da pesca, en canto a limpeza de marxes, tras os traballos de repaso de sendas de pesca realizados polo equipo do Concello de Narón, así como polas limpezas puntuais (concretamente na zona da desembocadura) e as melloras de accesibilidade a postos de pesca realizadas por socios desta sociedade. Estes traballos terán continuidade en meses próximos  cunha restauración de  frezadeiros en varios tramos do río que serán desenvolvidos tamén por socios desta entidade . Estes traballo están autorizados polo Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural.

Sinalar que estes traballos de limpeza esta tempada están a ser menos intensos que outras tempadas pola prohibición de manexo e poda de ameneiros (Alnus glutinosa) notificada pola Consellería para evitar a propagación da praga de Phitophora alnus, ese letal fungo que vai de converter as nosa ribeiras nunha paisaxe erma.

volver a índice de especiales