XII CIDADE DE NARÓN DE PESCA A MOSCA

O 30 de xuño disputouse o Campionato de Pesca con Mosca Cidade de Narón organizado pola Sociedade de Caza e Pesca Xuvia.
O lugar da competición foron os coutos do río Xuvia: Couto de Xuvia e Couto de San Sadurniño (sen morte) baixo a modalidade de pesca sen morte.
Contouse coa participación de 29 pescadores, chegados das catro provincias galegas.
A proba deu comezo ás 9:00 h, logo dunha reunión para o almorzo e entregar a documentacin aos participantes no Bar Os Rubios de Neda.
Reseñar que entre o elenco de participantes atopábanse varios membros da selección galega de pesca. Tanto este feito como a presencia de outros pescadores de recoñecido prestixio dáballe un elevado caché á proba, trascendendo o seu inicial espíritu de campionato social.
A proba desenvolveuse con total normalidade, cun número abondoso de capturas (158) para o que acostuma a ser un campionato.
As condicións de partida do campionato eran complexas tras o trebón caído pola noite do venres, que deu lugar a un río toldado e cun pequeno aumento de nivel. Estas condicións condicinaron a posteriori o desnvolvemento da proba, facilitando a pesca con ninfa e dificultando enormemente a pesca a mosca seca.
Na manga da mañá hai que destacar que non houbo capturas en gran número polo estado do río, toldado como xa se dixo.
No mediodía houbo unha parada técnica para repoñer forzas nun xantar na Parrillada Riboira de Lamas.
A manga da tarde foi unha clara continuidade da da mañá. Somente algúns fenómenos, que á postre serían os gañadores, puideron facer tarxetas abultadas mediante a utilización de ninfas, ben mediante a técnica do fío ou sobre todo mediante o tandem.
A entrega de premios tivo lugar no Bar Os Rubios de Neda, onde logo dunha cena de doblar preparada por Zaira e Cristina, fixemos unha pouca comedia.
Expresar o noso agradecemento a todos os participantes e colaboradores na organización do evento.
Recordar finalmente, que os tres primeiros clasificados neste campionato, acadan a clasificación ao Master de Campións MiguelPesca, que se disputará en setembro.
Xuvia Comunicación.

Clasificación:
1º.- Julio Seijas
2º.- Alberto Mera
3º.- Guillermo Torrente
Peza maior.- Manolo de Foz
Maior nº de pezas.-
Julio Seijas

Enhorabuena a Julio Seijas por ser el primer pescador que gana los cuatro grandes: Waldemar, Narón, Cibeira y Santiaguiño. ¡A por el Memorial Moralejo!

volver a indice de especiales