VERQUIDO NO XUVIA

A sociedade de Caza e Pesca Xuvia, a propósito do proceso de verquido que afectou a desembocadura do Río Xuvia (Zona da Ponte) na xornada quere facer as seguintes precisións:

  • A cuantía do verquido a pesar da súa espectacularidade polo seu color, non parece ser moita. Isto non é un consuelo, pois parece ser nun principio un derivado dunha pintura industrial ou similar. En principio e ata que dispoñamos de analíticas esta é a hipótese que manexamos.
  • Segundo comunicacións personales da gardería de Medioambiente e do SEPRONA, quese persoaron de inmediato na zona do vertido, non foi posible determinar a orixe do mesmo, a pesar de que se procedeu á apertura da rede de saneamento para elo.
  • Parece ser que nos atopamos ante un listillo poseedor dun taller ilegal, ou similar, que pensa que a normativa ambiental non vai con el.
  • Queremos facer público que esta sociedade manifesta a súa total repulsa ante estes feitos, por moi pequenos cuantitativamente que sexan.
  • En calquer caso manifestar que de determinarse o culpable dos feitos esta sociedade vai actuar da maneira seguinte:
  1. Presentación ante a Fiscalía de Medioambiente da denuncia correspondente para que se depuren responsabilidades a nivel penal.
  2. Presentación ulterior de reclamación patrimonial en forma de demanda civil por danos e perxuicios, toda vez que esta sociedade ten conveniado o Couto de pesca de Xuvia, colindante có punto de verquido, e estes verquidos químicos poden comprometer o ascenso de migradores (reo) polo mesmo.

En todo caso, manifestar o seguinte: VERQUIDOS TOLERANCIA CERO.
Si xa é sangrante o tema de que vertamos residuos orgánicos á Ría, tamen é certo que hai que ter unha pouca paciencia , unha vez que o proxecto de saneamento está en marcha, pero non imos tolerar que algún malnacido pense que a natureza é súa, pois é de todos.
Por último indicar que a pesar da gravidade inicial previsible, ás 4 da tarde xa non se podían apreciar restos visibles da contaminación, e a súa dilución foi moi rápida en función dos seus compoñentes volátiles. Non obstante , non deixa de ser unha agresión mais.

volver a indice de especiales