VERQUIDO DE LODOS DE DECANTACION NO RIO CASTRO

Por Eloi Saavedra

Presidente da Sociedade de Xuvia

O sábado día 27 de xuño produciuse un verquido no río Castro (tributario do Xubia) de lodos de decantadora, dende a canteira que o Grupo de empresas Cuiña ten no lugar de Castro (Concello de As Pontes) na Serra do Forgoselo.
Un tremendo verquido de finos, a
índa sen cuantificar, que converteu un precioso río de montaña, incluído na rede Natura 2000 e no LIC de Forgoselo, nunca cuneta repleta de area e lodos.
O verquido parece, ainda coa avaliación de danos
en período moi inicial, que non produciu perda significativa de especies piscícolas (no tramo alto xa eran inexistentes polos verquidos crónicos de escasa entidade) pero si deu lugar a danos puntuais na macrofauna invertebrada.
Sin embargo, o tramo mais cercano ao punto de vertido está totalmente colmatado de sólidos, non quedando nin resto de macrofitas nin macroinvertebrados.
Un dato;
a presa da minicentral do Castelo de Naraio, foi construida en 1922. Non foi preciso dragala ata 1996, 10 anos despois de que botara a andar a canteira do Forgoselo, que cos seus verquidos consegue colmatala. A día de hoxe, outros 12 anos despois, volta a estar de novo colmatada por estes verquidos. O playal que vedes nas fotos tiña case 2 metros de profundidade logo do último dragado.
En canto
ao verquido desta fin de semana, a excusa xa se está a elaborar en forma de rotura accidental da balsa de decantación (quixera que viran esta presuntas balsas, en Nigeria imaxino que serán mais axustadas a normativa).
Se teñen referencias por parte dos axentes encargados de cubrir este verquido (SEPRONA, Augas de Galicia e Medio Rural) de que a compañía declara que se produciu unha rotura da balsa de decantación (tal cual como en Bolidén).
Pola contra, nós temos unha testemuña de que existía unha orde ao maquinista para que vertera os finos ao río, co agravante de facelo en fin de semana, cando agardaban que non teriamos capacidade de resposta.
Non obstante, como sei que o xerente desta empresa estará orgulloso a estas horas pola proeza, que che vai sair mais barata que cumprir a normativa medioambiental, voulle contar unha serie de cousas, para que non se engane:
- A estas horas os técnicos medioambientais dos que dispón esta sociedade, así como un bufete de abogados, están valorando a presentación dunha reclamación patrimonial por danos.
- Quero que saiba que non vou descansar ata que a Lei de Pesca de Galicia se modifique (compromiso adquirido polo goberno entrante) para que á xente coma el non se lle impoñan sancións como a que me imporían a min por pescar fora de horario.
- Tamén pode estar seguro de que dende esta sociedade perseguiremos os seus intereses aló onde poida, desta maneira estamos a punto de pechar un acordo cos concellos da comarca mediante o que a xente coma el, delincuentes medioambientais, non se lles compre ningún producto ou servicio, ata que demostren mediante unha certificación medioambiental que cumpren cos compromisos medioambientais.
Recoñecemos a nosa culpa en tanto que nos últimos anos centramos o noso traballo no cauce principal do Xuvia, esquecéndonos en parte de partes fundamentais do sistema do Xuvia, como é o río Castro. Este foi o noso pecado. Pero agora que xa o tema do Xuvia está solventado en gran parte, imos ir a por estes miserables de pequena escala.

volver a indice de especiales