|
Intervención de Alberto Torres, Director de
Trueiro: |
|
 |
|
Boas noites.
Queridos compañeiros, gracias.
Dicilo así ten un enorme significado.
O mellor recoñecemento que se lle pode facer a un
xornalista faino outro xornalista.
E a nós, como pequena cabeceira que somos con problemas de
mediana, nos aporta unha enorme satisfacción.
Os tempos son duros para a profesión, para este oficio de contar as
cousas que pasan. Particularmente se está sufrindo no xornalismo
deportivo, por eso, o apoio con este premio é tamén para todos os
compañeiros que, a veces moi precariamente, fan o seu cometido con
un so medio de traballo importante: o propio xornalista.
Poñemos 3.000 Trueiros nas mans dos pescadores en
cada tirada, chegando a Asturias, co número dedicado íntegramente á
Feira do Salmón a requerimento do Goberno do Pincipado.
No Trueiro escriben importantes firmas do xornalismo
especializado a nivel nacional como son Juan Delibes, Joaquín
España, Antonio Pérez Henares, Juan José Moralejo, Fernando Cobo,
Pepe Casal…
O noso grao de compromiso coa información queda contrastado coa
denuncia que interpuxo o Presidente da Federación Galega de Pesca
contra nós por presuntas inxurias con unha sentenza final
absolutoria.
Recibir este galardón da Federación Galega de Xornalismo Deportivo e
estar hoxe ante vos é a recompensa por todo elo.
Moitas gracias e boas noites. |
|
Intervención de Miguel Piñeiro, Editor de Trueiro: |
|
 |
|
Hai cinco anos, neste mesmo marco,
dixémoslle ao Vicepresidente Quintana que lle iámos montar un Nunca
Máis Troiteiro que lle reventaría nas mans a un conselleiro do seu
gabinete e, como profesionais da comunicación e pescadores que
somos, esixíamos auga limpa para os ríos de Galicia.
A día de hoxe, consideramos que pouco mellor estamos e entendemos
que non se fixeron grandes progresos na calidade das augas no noso
País.
Cómpre realizar modificacións urxentes na Lei de Pesca Fluvial
7/1992 do 24 de xullo.
Tamén contabamos con que se profesionalizase o equipo de técnicos da
administración que seguen aburguesados no fracaso e son parte
implicada no declive das poboacións de salmónidos no noso País.
Abonda con indicar que o Subdirector Xeral, logo de cinco anos no
cargo, segue sen distinguir unha troita dun coello.
E queremos tamén reclamar investigación a fondo e máxima
transparencia no escándalo do chanchullo e do trapicheo dos salmóns
do Centro de Ximonde.
Pero o máis grave é a sistemática persecución que exerce a
Federación Galega de Pesca contra nós. A cúpula federativa vive
instalada na incompetencia e totalmente afastada dos principios
democráticos básicos. Por iso pedimos que, por vergoña e hixiene
democrática, dimitan.
Mais nada. Agradecidos a todos, noraboa aos demais premiados e boas
noites. |
|
Intervención
de José Márcia García: |
|
 |
|
Boas noites.
Yo no quiero ser un punto amargo en esta noche de premios y
de felicidad pero me ha emocionado el Editor de Trueiro.
Se imaginan ustedes que cada asignatura deportiva tuviese un hombre
con esa independencia, con esas agallas, con esa valentía y, si me
lo perdonan, con esos cojones…
Que estuviese encima permanentemente de la presa: este campo está
mal, Sr. Delegado de Deportes, aquí no hay agua caliente, los
vestuarios son infames… por eso quiero aprovechar esta cita de
comunicadores para hablar del gravísimo problema que atañe a nuestra
profesión.
Necesitamos una prensa independiente, una prensa libre, una prensa
plural, y todos aquellos que lo intentan pagan caras las
consecuencias. Ahí tenemos el ejemplo: Trueiro, modestísima
publicación que se dedica a denunciar un hecho palpable y que su
primer enemigo es la propia Federación que tendría que tener a la
publicación en mantillas porque está hablando de lo suyo, que es la
pesca, pero no, está denunciando las irregularidades.
Los políticos tienen que concienciarse, los profesionales de la
información también.
Gracias y buenas noches. |