|
|
|
|
|
Ríos e Montes
comezou a emitirse na Radio Galega o 14 de xaneiro de 2006. |
|
|
|
Galardón Especial de Medios de Comunicación |
|
PREMIO GALEGO DA CAZA 2007 DA F.G.C. |
![]() |
A Caza e a Pesca son dúas actividades
secularmente enraizadas na sociedade galega ainda que o fin primordial
delas –o alimento- mudou radicalmente, sobre todo nos últimos anos. |
|
Galicia, cunqueirano “País dos Mil Ríos” e “Paraíso Natural” por excelencia, é referente no deporte da Pesca e ofrece unhas singulares posibilidades para o eido da Caza. Ningunha outra autonomía posúe recursos de pesca como fan os máis de 30.000 km dos nosos cursos fluviais coa diversidade de especies que atesouran. No canto á Caza, ben é certo que outras autonomías teñen mais importancia ca nosa pero o deporte da escopeta move moitas enerxías internas en Galicia pois ir cazar fora so está ao alcance dos cazadores máis privilexiados económicamente. Ainda así, a caza maior é toda unha realidade que se debe divulgar e potenciar. |
|
|
Fieis ó noso compromiso, a nosa brúxula está orientada ó servicio público que debe prestar a Radio Galega, por iso Ríos e Montes gábase de configurar un equipo de colaboradores de recoñecido prestixio, os mellores nas súas áreas. |
|
|
|
Asesores e comentaristas: |
![]() |
Joaquín España é un dos profesionais máis senlleiros a nivel nacional, foi director da Revista Decana "Caza y Pesca" durante moitos anos, é escritor e colabora con diversos medios especializados. |
Emilio Fernández Román é un ourensán que exerce de galego na
capital. Escritor e colaborador de prensa nacional e internacional. É unha das plumas máis recoñecidas do sector e, sen dúbida, a máis prolífica con case medio cento de libros publicados. |
![]() |
![]() |
Pepe Casal foi relator da Lei de Pesca Fluvial, é membro do Comité Galego de Pesca, é Presidente da Asociación Galega de Pescadores e Sociedades e Presidente do Club Tambre. É dono dunha pedra no baixo Tambre e ainda ten tempo para pescar e se-lo preparador persoal de Pau Gasol. A pesca en Galicia está en débeda con el. |
O Doutor Moralejo é columnista de La Voz de Galicia e nos meses de veda
imparte maxisterio na universidade compostelá. Escribíu
"AS TROITAS, MIÑAS SEÑORAS". Licenciado en Troitoloxía pola Universidade do Deva (Ourense), Doutorado en Reoloxía Cuántica pola Universidade Reeira do Tambre, Honoris Causa pola do Eume, Master Salmoeiro no Ulla e Académico Correspondente da Real Academia de Troitografía e Reoscopia de Leningrado. |
![]() |
![]() |
Fernando Cobo é
Biólogo, Doutor da USC e Director da Estación de Hidrobioloxía
Encoro do Con de Vilagarcía de Arousa. Toda unha autoridade científica. |
Julio Seijas é un dos Mestres Artesáns con mais proxección. Foi Campeón do Concurso de Montaxe de Moscas de El Corte Inglés e agora para que non gañe os certames o nomean membro do xurado. |
![]() |
|
|
|
"Ríos e Montes"
desde a Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con. Moralejo, Cobo, Carballeira, Segura, González, Casal, Besteiro e Piñeiro |
|
|
en |
|
|
|
![]() |
![]() |
| Nacho Besteiro | Romarís, Torres, Seijas e Serrano | JJ Vicente |
![]() |
![]() |
![]() |
| López, Sánchez Malvar e Lugrís | Bobadilla, Majange Pardo e dous cazadores | Romarís, Torres, Seijas e Serrano |
![]() |
![]() |
![]() |
| J. Lalanda e monitores de tiro con arco | Martínez, Orriols e González | J. Lalanda e monitores de tiro con arco |
|
|
desde os Coutos de Monterroso: |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
|