|
O Grupo MiguelPesca, na súa liña habitual de crítica constructiva, alenta á
organización a que aprenda dos erros a fin de acadar a feira que os
cazadores e pescadores demandan e merecen. Polo ben de ambas
actividades e dun sector que bota de menos a implicación dalgunhas
empresas ás que lle debería caer a cara de vergoña polo moito que
lle deben á caza e a pesca e o pouco ou nada que revirten nelas.
Dicimos esto porque houbo ausencias notabilísimas e porque,
desafortunadamente para eles, son moitos os que se dan conta da
soberbia dalgunha desas firmas que non terán problemas económicos
pero demostran unha falla preocupante de tacto e compromiso. Non fai
falla dar nomes, pero todos sabemos de quenes falamos…
Outra boa foi tamén ver aos figurantes de sempre, os abrazafarolas
de turno detrás do Conselleiro para sairen na foto pero que non
voltaron a pisar a feira nos tres días que durou. Outro aplauso -en
formato de labazadas- para os que utilizan a caza e a pesca coma un
simple escaparate de proxección persoal ou coma a válvula de escape
para minimizar os seus evidentes complexos e taras.
Polo demáis, o Grupo MiguelPesca quere da-las grazas pola súa
asistencia a un inxente número de pescadores que viñeron desde
Asturias, O Rosal, A Gudiña, Fisterra, Padrón, Rianxo e Bande, por
citar algúns puntos moi lonxanos de Lugo.
Grazas por virdes a estar connosco no noso Stand (que é voso) en
Sidenatur.
Grazas aos Mestres Artesáns –e mellores persoas- Julio Seijas, Oscar
Gayoso, Noelia Gayoso, Diego Abuín, Eduardo Fontela, Alberto Mera,
Miguel Seoane, Fernando Comba, Eloi Saavedra, Luís Piñeiro, Xaquín
L. Muíños, Suso Vilar, Alberto González, Antonio González, Fernando
Domínguez, David Arcay, Andrés Álvarez, Martín Rodríguez e os
juniors Gayoso e Comba.
Grazas ao Doctor Moralejo,
ao Doctor Fernando Cobo,
á Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con,
ao Restaurante-Parrillada Antonio de Lugo,
a Antonio Lorenzo Lusquiños,
a Paula Vilariño,
a El Progreso de Lugo,
a El Correo Gallego,
a La Voz de Galicia,
a Luís Agueria de Thinkfish,
a Cucharillas Edu,
a Asturpesca, la Feria del Salmón de Cornellana,
a Ediciones Tutor,
a Editorial Galaxia,
a Camilo Vilas,
a Jaime Taboada (en especial a Nieves, a súa viuva),
a Angel Cancelo (en especial a Maite, a súa viuva),
a Paco Redondo,
a Paco Porto,
á Fundación Rapala,
aos Campións xuvenís de pesca a mosca: David Arcay, Antonio
González, Andrés Álvarez e Martín Rodríguez,
a Majange Pardo,
e ás asociacións e clubes que nos visitaron como Ulloa, Londra, Río
Furelos, Laracha, Xuvia, Latorre, Salmo, Tambre, Caaveiro e Trutta,
entre outros.
Tamén a Robalizas, Surf Casting Masters, Masmar, Troiteiros do
Furelos, La Magia de la Pesca con Mosca, Pescarmona, Paco Pescador,
PescaTuria, Intres de Pesca e moitos outros portais de internet pola
divulgación das nosas actividades.
E grazas a todos aqueles que nos acompañaron no Stand e nos
confirmaron que non estamos equivocados e imos no bo camiño.
|