|
"La
Pesca en los Mil y Un Ríos de Galicia" é unha idea que
ten o seu alicerce no meu propósito de facer algo pola realidade da Pesca Fluvial en Galicia.
Sabía das
dificultades que entrañaba recolleitar experiencias, datos e cifras, pero puxen o maior
dos empeños, como cando estamos ante una postura que sabemos que agocha unha pintona.
Hoxe este traballo está publicado por "Ediciones Tutor".
En "La Pesca en
los Mil y Un Ríos de Galicia" encontrarás unha pormenorizada radiografía dos
cauces máis senlleiros das cunqueiranas terras do" País dos Mil Ríos" e doutros que,
sen seren moi coñecidos, acaparan a atención de moitos afeccionados.
A grandes rasgos,
estes son os contidos: Especies, Flora e Fauna; Tódo-los coutos de Galicia; Lugares e tramos especiáis;
Técnicas de pesca e cebos; Pozos, Táboas e Posturas; Afluentes
e Tributarios; Monumentos
e Lendas; Festas e Gastronomía; Obstáculos de cada curso; Nacementos e Desembocaduras; Fotos, Debuxos,
Curiosidades e Anécdotas; Táboas de Capturas de Salmón dende
1949 e Táboas
de Capturas de Troitas e Reos na última década.
Todo aquelo -en
definitiva- que nós, os pescadores, desexamos saber sobre eses amigos -os ríos- cos que
compartimos tantas emocións ó longo de tantos meses ó ano e tantos anos ó longo da nosa vida. |