 |
 |
 |
|
Premio Línea Tensa
Polos seus méritos deportivos e pola consecución de múltiples
galardóns e campionatos en competición e por un futuro cheo de
éxitos, a pesar da federación...
Premio Línea Tensa a David Arcay |
 |
|
Premio Donde hay que
estar
Polo seu decidido labor en favor da pesca. Pola dinamización do
sector a través do tradicional Concurso de Montaxe de Mocas e por
outras múltiples e diferentes actuacións a favor do sector,
Premio Donde hay que estar ao Centro Comercial Compostela-El
Corte Inglés, personalizado no Director en Santiago Manuel Guitián |
 |
|
Premio Qué pasa
Pola súa movilización en contra dunha mole de cemento no Umia e
pola sensibilización contra as grandes presas,
Premio Qué pasa á Coordinadora anti-encoro do Umia, recolle o
premio a portavoz da mesma, Paloma Fernández |
 |
|
Premio A Nosa
Polo seu compromiso co medio natural. Pola súa denuncia
sistemática das agresións que sofren os cursos no seu ámbito de
actuación, pola solidariedade amosada para con outras sociedades nos
momentos nos que precisaron axuda, pola súa encomiable loita contra
o furtivismo e pola impecable organización do I Open MiguelPesca de
Pesca a mosca...
Premio Qué pasa á Sociedade de Xuvia, recolle o premio o seu
Presidente Eloi Saavedra |
 |
|
Premio Graciñas
O furtivismo é unha das lacras que pesan coma unha lousa sobre a
pesca continental. Os medios para combatilo adoitan ser escasos en
dotación humana e medios técnicos.
De ahí que cando se produce unha detención debemos gabarnos e
fachendear dos axentes que a realizaron.
O Xornal Trueiro quere agradecer a dedicación dos gardas que
executan as súas funcións ejemplarmente, con limpeza e autoridade.
Con profesionalidade.
Gustaríamos entregar un premio a cada un de todos eles pero imos
personificalo nunca persoa emblemática e recoñecida por compeñeiros
e pescadores.
Premio Graciñas a Anxo Hermida |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |