|
INTERVENCIÓN DE JOAQUIN ESPAÑA
Boas noites.
Hai case cinco anos decidimos apostar por unha publicación pioneira
en Galicia. Non había antecedentes dun xornal especializado en pesca
deportiva. O paso do tempo fortaleceu a nosa convicción de que o
mundo da pesca e as augas continentais son merecedoras dun
xornalismo crítico pero respetuoso, rigoroso e comprometido, que
denuncie as agresións aos nosos cursos e proclame e divulgue os
valores sociais e deportivos de seu que atesoura a actividade da
cana e a cultura da pesca.
Non é circunstancial que os Premios Trueiro deste ano se entreguen
en Brión, xa que logo, o río Sar está sendo obxecto de contínuas
agresións e presenta un estado lamentable no canto á calidade das
augas. Vaia, pois, a nosa solidaridade con todos aqueles que
traballan e pelexan pola necesaria recuperación deste senlleiro río.
En nome do Consello de Dirección, quero renovar o agradecemento a
todos aqueles que confían en Trueiro, especialmente ás firmas
comerciais que están realizando un denodado esforzo por manter a
mancha publicitaria do xornal.
Aos premiados queremos que esta distinción os motive a seguir no
camiño encetado en aras de continuar coidando o medio natural e
fortalecendo o sector da pesca en Galicia.
Graciñas a todos e boas noites. |
|
INTERVENCIÓN DE JUAN JOSÉ MORALEJO
Queridos amigos:
Teño a impresión de que pertenzo a unha confraría
de troiteiros na que, mentras eles pescan, eu falo: en canto me poño
a tiro xa teño encargo de folio, e non o digo para me queixar da
honra que se me fai, senón para agradecer que xente tan ilustre das
veiras do río me faga mais caso do que me fai esa outra xente non
menos ilustre, pero do fondo do río, os peixes do carallo.
E digo máis e de corazón: hai xa uns cantos anos que teño o mellor
da pesca nos amigos que a pesca me ten dado. Pero tampouco
non me viría mal un reo por folio. O salmón ímolo
deixar para cando sexan as Obras Completas. Este ano xa cumplín ben
cumplido co salmón participando no excelente campanu que
bordou Abelleira; e no 2012, polo que me di Miguel do sorteo dos
cotos, se cadra nos deixan mirar para o Ulla alá para cando a veda.
E non está nada mal mirar para o Ulla, e mesmo ficar apampados pola
súa beleza, pero ¡ojo al dato! o noso Premio Línea Tensa,
o biólogo Carlos Antunes, do Aquamuseu de Vilanova de Cerveira,
hai un par de minutos declarou que o Miño é o río mais fermoso do
mundo. Eu digo que non hai río feo, pero o Miño é o Miño, Antunes e
eu somos miñotos e, como adoitaba decir a miña avó, “¡aínda somos
alguén!”. Miguel, non te me poñas triste, que tamen tí tes parte no
meu Miño de todos...
O caso é que eu son do Consello de Dirección de Trueiro, un
cargo que, ademais de ter mellor pensión de xubilación que as Caixas
de Aforros, ben me merezo porque
1) é unha ocasión estupenda para o que xa vos dixen, que o mellor da
pesca son os amigos que me dá,
2) porque é unha tribuna excelente para teimar con todos vós nas
nosas teimas de ríos limpos, libres de cabróns e ricos en vida
natural.
Non sei se movido polas noticias sobre accidentes, danos, estorbos,
etc. provocados por animais terrestres pasados de cupo ou que non
responden ó noso medio natural, hai tres noites tiven eu un glorioso
pesadelo: soñei que para encher a boia metía a man na auga e viñan
voraces a ma comer unha ducia dos salmóns que inzaban no pozo.
O meu agradecemento e a miña noraboa a todos os premiados no amplo
abano de actividades para que os nosos seis ou sete mil ríos –non
soamente os mil do tópico poético- melloren ou, cando menos,
manteñan a calidade das augas, da fauna, da flora, e moi
específicamente para que a pesca deportiva poida seguir sendo a
paixón furibunda que é para todos nós. A miña paixón pola pesca
faime pór en protagonismo os ríos e ben sabedes que a calidade das
augas é o mellor indicador de conxunto da calidade medioambiental,
pero quede asente que por falarmos nos ríos non esquecemos os montes
e as arbres e toda esa caiñeira de incendiarios da súa nai, nin
esquecemos as desfeitas do urbanismo rural ¡urbanismo é un
dicir! que padecemos na desordenación do territorio, ¡desordenación
xa non é un dicir!, nin esquecemos os millenta estropicios e
desaprensións que os galegos estamos a facer na nosa Terra Nai. Polo
tanto, benvidos sexan Trueiro e todos cantos individuos e
grupos pelidamos por una terra e mais unha auga limpas e a xeito,
requisito necesario para que sexan fermosas e ricas. E xa mais nada.
Repito a noraboa e as grazas a todos. |
|
Cerró el acto el Director Xeral
de Conservación da Natureza, D. Ricardo García-Borregón Millán.
INTERVENCIÓN DE RICARDO GARCÍA-BORREGÓN MILLÁN
Director de Trueiro, Miembros del Consello de Dirección, Profesor
Moralejo, Compañeros de mesa, amigos/as.
Buenas noches.
En primer lugar agradecer a los responsables del Xornal de Pesca
Deportiva Trueiro que me hayan invitado a este acto. Quiero
felicitar a todos los que hacen posible que este medio de
información especifico de pesca siga creciendo y mejorando la
calidad de los contenidos, especialmente en momentos de tanta
dificultad. Enhorabuena por vuestra labor. Todo lo que se haga por
difundir la actividad de la pesca y se informe objetivamente a este
gran colectivo de pescadores es esencial para el fortalecimiento de
este sector. Tendréis mi apoyo en esta labor de información y
formación que hacéis. Os animo a continuar en vuestra tarea de
contribuir a conservar y mejorar las condiciones de nuestros ríos y
al mantenimiento de los hábitats que hacen posible la actividad
piscícola.
Me es muy grato estar aquí en un acto de reconocimiento a la labor y
el trabajo en pro de la pesca significando a personas y colectivos
por su buen hacer.
Distinguís hoy el trabajo científico del profesor Carlos Antunes.
Todos sabéis que la labor científica es básica y fundamental para
la toma de decisiones acertadas. Una sociedad que valora y apuesta
por el conocimiento científico es una sociedad de futuro.
Enhorabuena y gracias por vuestra contribución a este sector.
Se reconoce también la labor de la Guardería del Tambre. Permitirme
que os diga que me siento orgulloso de este colectivo de agentes de
tan larga tradición. Su trabajo diario debe ser reconocido por
todos. Me siento satisfecho del trabajo abnegado y bien hecho que el
conjunto de este colectivo realiza y de manera muy especial a los
que hoy se distinguen.
Otra función esencial la desempeñan las sociedades de pesca que
saben hacer sus funciones con acierto y contribuyen a tener sus
cotos en las mejores condiciones. La asociación de Troiteiros Río
Furelos sabe hacer bien su trabajo y desde la Administración lo
valoramos. Sus labores son un complemento esencial a las obligadas
actuaciones de las administraciones.
Otro ejemplo a destacar es la labor empresarial de Normark que
también es reconocida. Los buenos pescadores necesitan del mejor
material y esta empresa internacional de larga tradición y con mucha
historia ha hecho posible que se desempeñe la actividad pesquera en
las mejores condiciones, facilitando el trabajo al colectivo de
pescadores. Os deseo lo mejor en vuestro trabajo de seguir
innovando en las diferentes artes.
Por ultimo mi enhorabuena a un grupo como el Correo Gallego al que
tenemos un especial cariño los santiagueses. Al Grupo y a su
fundador D. Feliciano Barrera al se que quiero recordar como ejemplo
de coraje empresarial y buen hacer, así como a su director, a los
que felicito especialmente.
Desde un medio de comunicación generalista como El Correo Gallego es
importante que se tenga en cuenta el medio natural y se valore lo
esencial que debe ser la conservación de los hábitats y de las
especies. En esta sociedad existe una labor ingente que hacer en la
educación ambiental y en el fomento de las actividades respetuosas
con el medio ambiente, lo que hoy se ha dado por llamar desarrollo
sostenible. Muchas gracias por vuestra labor, en la que os deseo que
acertéis en dar una información veraz y objetiva y así contribuir al
necesario y sano objetivo de gestionar inteligentemente los recursos
naturales.
Mi enhorabuena a todos y gracias por invitarme a estar con vosotros. |