|
Intervención do Presidente da Asoc. De Pescadores da Ulloa, Xosé
Antonio Guerreiro
Autoridades, troiteiras/os e acompañantes, amigas/os
da Asociación de Pescadores da Ulloa.
Boas tardes e moitas gracias a todos por estar aquí con nos, neste
VII Concurso social de Pescadores da Comarca da Ulloa.
É este un día moi especial para a Asociación, un día de lecer, por
eso desexo que o disfrutemos con grande alegría e satisfacción.
A pesca, non debemos olvidalo, é un simple
exercicio de ocio, unha sá distracción, é un
elemental pasatempo. Queremos seguir pescando libremente, asumindo o
noso compromiso co mantemento das especies.
Entendemos que os nosos grandes problemas da pesca son: o deterioro
ambiental e a falta de repoboacións; efecto inmediato da
insolidariedade humana, o consumo iresponsable de productos e a
indolencia político-administrativa.
Nun tempo relativamente curto, a sociedade económicamente máis
desenvolvida, foi determinante no crecemento de pescadores, convertindo
esta actividade nun fenómeno social.
Por iso, para que todos poidamos exerce-lo noso dereito a pescar,
vémonos na obriga de mante-las augas limpas, caudais ecolóxicos
adecuados, repoboacións, vixilancia, e tamén en moitos casos un
cambio da nosa mentalidade, así como un gran respecto pola normativa
vixente, a fin de supera-la gran presión de pesca que están a
soportar os nosos ríos.
Debemos así mesmo, fomenta-lo compromiso dos concellos e a
administración autonómica cos recursos naturais, de maneira que
saiban converte-los en fonte de riqueza e instrumento que mellore a
nosa calidade de vida.
A comarca da Ulloa, reúne unhas condicións excelentes para a
práctica deste deporte. É pois, responsabilidade de todos, conservar
esta riqueza sabedores de que forma parte esencial do noso
patrimonio.
E xa remato, non sen antes da-la noraboa os ganadores deste concurso
e dicir que nos sentimos moi satisfeitos polo apoio e colaboración
das institucións, socios, amigos, simpatizantes e persoas afíns a
esta Asociación. Para todos, o noso agradecemento.
De seguido, farase entrega dos trofeos ós ganadores deste concurso e
o Secretario dará lectura a acta da última reunión da Xunta
Directiva, na que se acordou outorga-las insignias de ouro e prata
da Asociación a persoas destacadas pola súa especial colaboración
coas sociedades de pesca a prol da defensa dos nosos ríos, aquí
presentes hoxe, D. Manuel Vázquez Fernández, Conselleiro de Medio
Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia e D. Miguel
A. Piñeiro Moure, Xornalista, Escritor e Director do programa "Ríos
e Montes" da Radio Galega, ós que agradecemos aceptasen esta
distinción, compartindo con nós este día.
Moitas grazas. |