|
|
A Xunta Directiva da Sociedade de Caza e Pesca
Xuvia tomou a decisión de nomear
SOCIO DE HONRA a D. MIGUEL PIÑEIRO
en atención a súa dedicación e defensa da pesca fluvial, así como
polos seus traballos relacionados coa cultura da pesca continental
no noso País.
É convencemento desta sociedade que toda asociación debe tender á
excelencia tanto nas súas actividades coma nos seus participantes,
e, polo tanto acorde con este convencemento, integramos no noso
elenco ás persoas que consideramos que son compañeiros de viaxe
óptimos para os fins que esta sociedade persegue dende o ano 1935, e
que non son outros que os da potenciación da caza e a pesca e do
entorno onde se desenvolven estas actividades.
Coa seguridade de que Miguel xa leva mais que acadados este
obxectivos, acordamos nomea-lo Socio de Honra, porque para nós é un
selo de distinción contar con socios tan activos na defensa da
cultura da pesca e do seu medio natural.
|